O pasado 24 de abril, a Universidade de Vigo acolleu no campus de Ourense a IV Xornada Anual sobre Políticas Alimentarias, organizada polo grupo de investigación Food and Health Omics.
A xornada, titulada “Alimentos funcionais e saúde: novas oportunidades para o sector agroalimentario”, reuniu arredor de 190 persoas entre persoal investigador, estudantado, profesionais da industria e representantes institucionais. Ao longo do encontro abordáronse avances científicos, experiencias empresariais e liñas de innovación vinculadas ao desenvolvemento de alimentos funcionais.
O evento contou coa participación de persoal adscrito ao Instituto de Agroecoloxía e Alimentación na súa organización e co apoio do Campus Auga.
👉 Noticia completa no DUVI.
