Participación do IAA no festival Pint of Science ES 2026

O festival divulgativo Pint of Science ES contou coa participación do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) en diferentes sesións desenvolvidas en municipios da provincia de Ourense.

En Viana do Bolo celebrouse unha sesión o 18 de maio na que interviñeron as investigadoras e investigadores Ana Diéguez Antón (Grupo BV1) e Jonathan Castaño-Serna (Grupo GISA), achegando ao público asistente distintas liñas de investigación no ámbito da agroecoloxía e a alimentación sostible.

Pola súa parte, na edición de Ourense, desenvolvida do 18 ao 20 de maio no Café&Pop Torgal, participaron as investigadoras Vanesa Santás (Grupo BV1), cunha intervención centrada no papel do solo na resistencia aos antibióticos, e Adela Alvaredo (Grupo Bio2Val), que abordou o potencial das algas como ingredientes alimentarios sostibles.

Estas participacións enmárcanse nas actividades de divulgación científica desenvolvidas polo persoal do IAA.

Máis información sobre isto no DUVI e na sección «O IAA nos medios».