Encontro con representantes da UMCS no Campus de Ourense

UMCS-Athena

A Facultade de Ciencias do Campus de Ourense recibiu o 7 de outubro unha delegación da Uniwersytet Marii Curie-Skłodowskiej w Lublinie (UMCS), Polonia, no marco da rede europea ATHENA.

A visita permitiu presentar diferentes liñas de investigación e actividade académica da Universidade de Vigo e intercambiar experiencias con representantes da universidade polaca. Durante o encontro tamén se abordaron posibles áreas de interese común entre os equipos participantes.

Por parte da UVigo participaron David Fernández Calviño, director do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) e membro do grupo Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1); Aloia Romaní, coordinadora Erasmus e membro do grupo Bio2Val; Marisa Rua, Ana Torrado e Clara Fuciños, do grupo Enzymatic Technology and Biostructures (TEZE); e Rosa Pérez-Gregorio, do grupo Food and Health Omics (CF1).

A delegación da UMCS estivo formada por Magdalena Dzirba, Wojciech Zglobicki, Jolanta Rodzos, Katarzyna Radzik-Maruszak e Dorota Kolodynska, representantes de diferentes órganos e áreas da universidade.

O encontro enmárcase na actividade da rede ATHENA, da que forman parte a Universidade de Vigo e a UMCS. A iniciativa busca favorecer o intercambio entre as universidades integrantes e impulsar novas iniciativas no ámbito da educación superior e da investigación.