Tres artigos sobre o IAA publicados no suplemento Galicia Sur

IAA en Galicia Sur

O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) foi protagonista no suplemento Galicia Sur: Tecnoloxía e Innovación, publicado recentemente polos xornais La Región e Atlántico.

Os artigos recollen a actividade do IAA en investigación agroalimentaria, innovación tecnolóxica e sustentabilidade. Ademais, salientan o papel do Campus Auga de Ourense na transferencia de coñecemento e na colaboración co tecido produtivo. Tamén destacan algúns dos proxectos máis recentes do instituto e o seu impacto no desenvolvemento do sector agroganadeiro galego.

Os artigos completos poden consultarse por separado na sección o IAA nos medios.