Responsable: Sidonia Martínez Suárez
A planta piloto permitirá aos grupos de investigación do Instituto e ás empresas que demanden os seu servizos, levar a escala industrial os resultados de investigacións de base. Coa idea de cubrir os ámbitos máis importantes do sector alimenticio galego, deseñáronse catro liñas de procesamento de produtos:
1) Liña de produtos lácteos.
2) Liña de produtos pesqueiros e cárnicos.
3) Liña de produtos vexetais, conservas e produtos de panificación e pastelería.
4) Liña de cervexa e viño.
O equipamento destas liñas permite o procesado e control dos alimentos en condicións similares ás utilizadas nas industrias agroalimentarias, co fin de estudar e optimizar os procesos de elaboración dos alimentos e avaliar a influencia de diferentes parámetros na calidade dos produtos.
Responsable: María Rosa Pérez Gregorio
Esta infraestrutura consta de dous equipos de espectrometría de masas de alta resolución e masa exacta:
1) Sistema nano LC 425 e espectrómetro de masas SCIEX Triple TOF 660. Equipo destinado á proteómica, unha das técnicas de análise masivo ou ómicas, encamiñadas ao estudo a grande escala das proteínas, adquirindo información da súa función biolóxica.
2) Sistema UPLC Exion LC AD e espectrómetro de masas SCIEX Triple TOF 660. Permite afondar na investigación nos campos ambiental e agroalimentario, abrindo novas fronteiras no campo do estudo dos contaminantes orgánicos persistentes (COP) ou antimicrobianos e os seus metabolitos, así como a súa interacción con outros compoñentes de compartimentos ambientais (augas, sedimentos, lodos, etc) e mostras agroalimentarias (proteínas, lípidos, carbohidratos, etc.).
Responsable: Gil Garrote Velasco
Este laboratorio conta cun reactor de steam explosion e cun reactor de mestura completa de titanio.
1) O reactor de steam explosion ten un dixestor cunha capacidade de 2 L e inclúe unha caldeira de vapor capaz de alcanzar os 250 º C á presión de saturación correspondente. A configuración de quecemento mediante vapor permite operar en cuestión de segundos (con evidentes vantaxes fronte aos sistemas que traballan con auga líquida, que necesitan tempos da orde de 30 min a varias horas), abríndose o reactor mediante unha válvula de descarga que permite unha descompresión súbita. O control de presión e temperatura realízase mediante sensores múltiples, de modo automatizado.
2) O reactor de mestura completa de titanio permite traballar a diferentes réximes de axitación (ate 100 r.p.m.), presión (ate 150 bar) e temperatura (ate 200 ºC). O feito de estar construído en titanio (ate onde coñecemos non hai outro reactor destas características en Galicia) permitirá traballar con calquera tipo de medio de reacción, incluíndo ácidos e bases fortes.
Ambos reactores permiten distintos tipos de tratamentos de biomasa de cara á súa valorización mediante a produción de distintas substancias de elevado valor engadido (biocarburantes, aditivos para a industria agroalimentaria, bioplásticos, etc.).
Responsable: Juan Carlos Nóvoa Muñoz
Este laboratorio conta con 2 equipos para a medida de mercurio:
-
1) Equipo analizador de especies orgánicas de Hg (metil-Hg e etil-Hg) mediante cromatografía líquida de alta resolución con detector de fluorescencia atómica (HPLC – AFS). Inclúe detector FS para Hg, xerador CV, software e lámpada de Hg, automuestreador, bomba peristáltica, cromatógrafo líquido de alta resolución para medida de especies de Hg (HPLC – AFS). Este equipo permite a determinación de especies organo-mercuriais en diferentes matrices ambientais (augas, solos, sedimentos, vexetación), mostras de alimentos ou residuos de diferentes procedencia. En todos estes casos, é necesaria unha dixestión previa das matrices.
2) Equipo analizador de Hg total mediante espectroscopía de fluorescencia atómica e absorción atómica con vapor frío (CV- AFS- AAs). Inclúe automuestreador (36-89 posicións), bloque de reacción de mestura, sistema de purificación de gas, bomba peristáltica e detector de fluorescencia atómica (CV- AFS) e interface de uso con software específico. Este equipo sirve para determinar os niveis de Hg total en extractos acuosos procedentes de matrices ambientais (augas, solos, sedimentos, vexetación), alimentos e diferentes tipos de subprodutos.
Responsable: Jose Eugenio López Periago
A tomografía computarizada (TC) de raios X é unha técnica que permite estudar a estrutura interna dos obxectos sen alteralos. Co equipo Yxlon FF20 CT é posible analizar mostras de ata 17 Kg de peso, cunhas dimensións máximas de 28 cm de diámetro e 70 cm de altura. Dados os límites no tamaño da mostra, este tomógrafo non está destinado a uso médico (o máis común que se adoita dar á tomografía de raios X), senón á determinación precisa das características morfolóxicas da estrutura interna de mostras máis pequenas.
A análise de TC pódese empregar en diferentes campos: en edafoloxía adoita empregarse para o estudo de redes porosas, a segmentación dos distintos compoñentes do solo e na modelización de procesos de transporte; en xeoloxía, para a parametrización das propiedades morfolóxicas de rochas e minerais; en ciencia de materiais, para caracterizar a conformación tridimensional de polímeros, espumas e cerámicas, entre outros; en metroloxía, para a medición de pezas na industria automobilística ou aeroespacial; en paleontoloxía, no estudo dos fósiles; ou, mesmo se pode utilizar como unha forma de estudar e preservar o patrimonio cultural, ao permitir analizar a composición de obxectos fráxiles (vasos, pergamiños, cadros, etc.) sen necesidade de tomar mostras nin alterar a súa integridade.
Responsable: María Flora Alonso Vega
Esta instalación permite traballar con fontes radioactivas non encapsuladas de tritio (3H) e carbono catorce (14C). Entre as técnicas que están xa en marcha poden citarse a determinación do crecemento bacteriano en solos e augas mediante o método de incorporación de leucina marcada con 3H ou a determinación do crecemento fúnxico, nas mesmas matrices, mediante o método de incorporación de acetato sódico marcado con 14C no Ergosterol. Esta instalación conta cun HPLC con detector DAD conectado a un colector de fraccións usado para separar o Ergosterol, e cun contador de escintilación líquida.
Responsable: Adela María Sánchez Moreiras
Un fitotrón é unha cámara climática para o crecemento e o cultivo de plantas que permite controlar ao mesmo tempo a temperatura, a humidade e a iluminación, creando as condicións climáticas óptimas requiridas pola especie que se pretende cultivar. Tres cámaras climáticas co sistema fitotrón están situadas na Facultade de Bioloxía e unha estará operativa no Invernadoiro a finais do 2022. O fitotrón pode utilízanse para fins diversos, que inclúen, entre outros, o cultivo in vitro de distintas variedades de plantas, o estudo do perfil químico de distintas especies vexetais baixo condicións de estrés e a súa influencia na dieta, o estudio da capacidade invasora de distintas especies foráneas en Galicia, ou a capacidade bio-herbicida de compostos naturais procedentes sobre distintas malas herbas.
Responsable: Andrés Rodríguez Seijo
Ademais de acoller outras infraestruturas, o invernadoiro permite o cultivo de plantas en condicións semi-controladas permitindo unha escala maior que o fitotrón e máis próximo a condicións reais. Permite realizar ensaios de novos fertilizantes, bio-pesticidas, etc. Tamén permite realiza ensaios de fito-toxicidade de distintos tipos de substancias. Entre os obxectivos desta infraestrutura, ademais do cultivo de plantas a pequena escala para a investigación, está a divulgación métodos de produción vexetal e prestar asesoramento científico-técnico a la comunidade, tanto universitaria coma non universitaria.
Responsable: David Fernández Calviño
Esta infraestrutura consta dos seguintes equipos:
- ICP-OES que permite a análise de numerosos elementos da táboa periódica (a excepción de C, N, O, H, F, gases nobres, algunhas terras raras y outros elementos pouco frecuentes) en mostra líquida.
- Cromatógrafo de Gases con detectores FID e ECD que permiten determinar gases de efecto invernadoiro e ácidos graxos.
- HPLC con detector DAD en liña cun colector de fraccións que permite separar e recoller substancias de interese.
- HPLC 1200 Series Agilent con detectores IR (Index Refraction) y DAD (Diodo Array Detector). Permite a separación, identificación e cuantificación de compostos en disolución procedentes de diferentes matrices (agroalimentarias, ambientais, farmacolóxicas…).
- UHPLC 1260 Infinity II Agilent con detectores RID (Refraction Index Detector) e MWD (Multiple Wavelenght Detector). Permite a separación, identificación e cuantificación de compostos en disolución procedentes de diferentes matrices (agroalimentarias, ambientais, farmacolóxicas…).
- Espectrofotómetro Cary 60 UV-VIS Agilent. O seu rango de lonxitude de onda é de 190 a 1100 nm. O Cary 60 é ideal como espectrofotómetro UV-Vis de rutina no campo da industria farmacéutica e biotecnolóxica (pureza e concentración de API’s), da química, bioquímica e dos materiais, así como para uso en laboratorios de ensinanza.
- A técnica de Espectroscopía Infravermella por Transformada de Fourier por Reflectancia Total Atenuada (FTIR-ATR) utilizase para identificar e caracterizar materiais mediante a absorción de luz infravermella. Permite obter espectros infravermellos de sólidos, líquidos e pastas sen necesidade de disolucións. O rango de lonxitude de vaga é de 400 a 5000 cm-1
- Viscosímetro PCE-RVI 2. Permite determinar la viscosidad usando una resistencia mecánica que actúa en sentido contrario al movimiento de rotación del husillo (hay 4: L1, L2, L3, L4). Trabaja en un rango de 20-100.000 cp. y funciona con una velocidad ajustable entre 6 y 60 rpm. Encuentra aplicación en el campo de la alimentación y de la ciencia de los materiales.
- A espectroscopía de emisión atómica con plasma de microondas (MP-AES) é unha técnica instrumental utilizada para a determinación cuantitativa de elementos metálicos e non metálicos nunha amplia variedade de matrices líquidas.
- Analizador de Flujo Segmentado: instrumento automatizado empregado na análise química para procesar mostras líquidas de xeito continuo e eficiente. Permite analizar bromuros, nitratos, nitritos, fluoruros, amonio, fosfatos, alcalinidad total, sulfatos, e cloruros en mostras ambientais, alimentos e bebidas, control de calidade na industria farmacéutica e probas clínicas.
