O Plan de igualdade do IAA creouse cun horizonte temporal de catro anos, aliñado co contido do “III Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2020-2024” como un programa institucional referente na igualdade efectiva entre mulleres e homes, constituindo un eixe transversal co que, ademais de impulsar unha docencia de calidade e unha investigación de excelencia, xere un espazo de valores e progreso humano.
Composición da Comisión
- Daniel Arenas Lago.
Investigador Ramón y Cajal
- Julia Carballo Rodríguez.
Profesora contratada doutora
- María Figueiredo González.
Investigadora docente do
Programa de retención de talento da UVigo
- Clara Fuciños González.
Profesora titular de universidade
- Gil Garrote Velasco.
Catedrático de universidade