O IAA participa na unidade mixta de investigación Sostenave

Unidade Mixta de Investigación

O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) e o Instituto de Física, Computación e Ciencia Aeroespacial (IFCAE) da Universidade de Vigo participan en Sostenave, unha nova unidade mixta de investigación impulsada pola UVigo xunto ao Grupo Coren e Sertogal, e financiada pola Xunta de Galicia.

A iniciativa ten como obxectivo incorporar tecnoloxías dixitais avanzadas ás granxas e optimizar os procesos produtivos da avicultura de carne galega, contribuíndo á súa sustentabilidade e calidade.

Sostenave enmárcase na colaboración público-privada e busca abordar de maneira integral os retos do sector, desde a nutrición e o manexo na granxa ata o procesado e a valorización de subprodutos, incorporando a economía circular, a eficiencia enerxética e as tecnoloxías dixitais avanzadas.

Máis información na nova do DUVI