O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) participou no 4th Global Soil Biodiversity Conference, considerado o congreso internacional de referencia no ámbito da biodiversidade do solo.
A investigadora María J. I. Briones interveu como keynote speaker, o que supón un recoñecemento á súa traxectoria científica e á súa contribución ao estudo do funcionamento dos ecosistemas e da biodiversidade edáfica no contexto do cambio global.
No mesmo encontro, as investigadoras e investigadores do IAA Julia Köninger e David Fernández Calviño presentaron comunicacións científicas en colaboración coa comunidade internacional presente no congreso.
A participación do persoal investigador do IAA neste foro reforza o seu compromiso coa investigación de excelencia e co avance do coñecemento sobre os sistemas edáficos e os retos ambientais actuais.
