OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1 (OE1)

Acadar maiores cotas de excelencia científica a través do desenvolvemento dunha Axenda Científica alineada coas políticas e prioridades de I+D+i europeas, nacionais e rexionais

O Instituto está comprometido coa excelencia científica e a promoción dunha investigación orientada a promover a transición cara sistemas agroalimentarios máis sostibles, seguros, resilientes e circulares.

Para iso, fíxase os seguintes compromisos.

  • Desenvolver a Axenda Científica estruturada arredor dunha serie limitada de prioridades de investigación para os próximos catro anos materializada nunha carteira de proxectos interdisciplinares de carácter estratéxico e con capacidade de arrastre sobre a actividade do Instituto
  • Promover a colaboración entre o persoal investigador do Instituto
  • Mellorar a participación e o liderado de proxectos de I+D+i a través da preparación de solicitudes de proxectos focalizados nas prioridades e liñas da Axenda Científica así como na carteira de proxectos identificados
  • Reforzar as infraestruturas, equipamentos e os medios técnicos necesarios para realizar unha investigación de excelencia ao mesmo tempo que promover unha xestión eficiente e complementariedades das infraestruturas intercampus evitando duplicidades e solapamentos nas capacidades existentes

 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2 (OE2)

Desenvolver, fixar e atraer talento

O reto neste obxectivo relativo ao talento e aos recursos humanos é contar cun equipo de persoal que contribúa ao desenvolvemento dunha investigación de excelencia.

Para iso é preciso:

  • Atraer e captar talento tanto novo coma senior alineado coas prioridades de investigación recollidas na Axenda Científica así como con capacidade de liderado nas liñas emerxentes
  • Promover a formación do persoal investigador desenvolvendo programas propios para o desenvolvemento de carreiras científicas competitivas
  • Cubrir as necesidades de persoal técnico de apoio así coma de xestión

 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3 (OE3)

Acadar maior impacto da investigación realizada no marco galego

  • Producir novo coñecemento e solucións que dean resposta aos grandes desafíos globais que afectan ao sistema alimentario a través do desenvolvemento dunha Axenda Científica alineada cos retos e necesidades do sistema agroalimentario
  • Desenvolver relacións estratéxicas con outras unidades de I+D+i no eido agroalimentario de Galicia para a mutualización de infraestruturas e o desenvolvemento de proxectos de investigación comúns así como con centros de investigación no eido das tecnoloxía da información e a comunicación (AtlanTIC) e das ciencias sociais (ECOBAS)
  • Mellorar a transferencia do coñecemento á contorna socioeconómico a través da realización de proxectos colaborativos e contratos de investigación. Neste obxectivo establecer alianzas prioritarias con centros tecnolóxicos e unidades de I+D especializados e próximas á contorna empresarial (ANFACO, CETECA, Hub de Innovación Dixital DATALIFE etc.)

 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4 (OE4)

Posicionar e visibilizar ao Instituto como un centro de referencia no eido da Agroecoloxía e Alimentación

  • Dar a coñecer a actividade que desenvolve o persoal investigador do Instituto: proxectos que se desenvolven, xustificación da importancia do mesmo, persoal involucrado, etc
  • Divulgar o traballo científico e a necesidade de promover unha transición cara sistemas agroalimentarios máis sostibles, seguros, resilientes e circulares para que a sociedade valore o traballo desenvolvido no Instituto
  • Desenvolver unha formación atractiva especializada nos obxectivos científicos e tecnolóxicos do Instituto para formar ao novo persoal investigador así como aos profesionais que liderarán o sector agroalimentario galego
  • Potenciación da relacións existentes e promoción de novas cos principais axentes do sistema agroalimentario galego (empresas, administracións, cooperativas, clusters, axencias de denominación de orixe e etc.)

 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5 (OE5)

Creación do Iberian Food Laboratory co Instituto Polítécnico de Bragança (IPB)

Este Instituto asume o reto e compromiso institucional da Universidade de Vigo de mellorar o posicionamento e visibilidade internacional da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como biorrexión especializada na transición cara sistemas alimentarios seguros, sostibles e resilientes, así como un referente na I+D+i nos sistemas agroalimentarios.

Con este obxectivo perséguese:

  • Desenvolver proxectos de investigación multidisciplinares conxuntos entre o Instituto e o Instituto Politécnico de Bragança (IPB)
  • Definir estratexias colaborativas para a mobilidade e formación de persoal investigador
  • Establecer alianzas para impulsar una meirande presenza conxunta en programas europeos