Desde o Cintecx ofrecemos os seguintes servizos tanto aos membros do centro, como a toda a comunidade universitaria e a empresas e organismos en xeral.
Os interesados en usar estes servizos deberán cubrir o formulario de solicitude e envialo ao enderezo de correo cintecx@uvigo.es.
Servizos dispoñibles en modalidade de autoservizo
Equipo dispoñible en modalidade de autoservizo, para os investigadores do CINTECX sen custe.
Ficha:
Información:
- Specim FX17 Guía Usuario
- Specim FX17-Reference-Manual
- Formación Infaimon hiperespectral
- LabScanner-40×20-Technical-Datasheet
- Specim-FX17-Technical-Datasheet
Protocolos:
Equipo dispoñible en modalidade de autoservizo, para os investigadores do CINTECX sen custe.
Fichas:
Información:
Protocolos:
Equipo dispoñible en modalidade de autoservizo, para os investigadores do CINTECX sen custe.
Fichas:
Protocolos:
Servizos de formación e enxeñería
Formación
Formación específica e programas de formación
Formación específica en tecnoloxías 4.0
Programas de formación en transformación dixital a nivel directivo
Xemelgo dixital
Cartografías, monotorización e prototipado
Xemelgo dixital cartográfico do medio forestal
Aplicación de tecnoloxías cartográficas á dixitalización, medición, avaliación e diagnóstico do medio forestal. Os resultados permiten xerar produtos cartográficos que facilitan toma de decisións e a xestión do medio forestal, xa sexa con fins de optimización da produción ou con fins de mellora das accións de conservación.
Demostrador sensorización, IA, IoT, 5G
Monitorización en edificios intelixentes e análise das condicións ambientais interiores
Prototipado e construción
Deseño e Produción
Prototipado. Deseño e apoio á construción
Métodos avanzados de fabricación e procesamento de materiais. Láser en recubrimento superficiais, materiais biocompatibles. Microrrevestimento asistido por láser. Fabricación aditiva.
Produtos con novas propiedades
Cerámicas bioinspiradas para implantes dentais e ortopédicos. Novas técnicas para a producción de nanofibras: fiado láser e Cofiblas.
Prototipado. Deseño e apoio á construción
Deseño e acoplamento de sistemas de visión artificial e predición automática de calidade ao proceso de transformación da Pedra Natural. Calidade de materiais construtivos.
Modelado
Modelos, optimización e predición
Modelos preditivos
Desenvolvemento de modelos preditivos. Simulación CFD, FEM, compoñentes electrónicos, sim térmica, interacción fluído-estrutura, fatiga, ciclo de vida, eficiencia enerxética, procesos industriais. Simulación de procesos de fabricación e materiais avanzados.
Optimización de xestión enerxética
Modelado, simulación e optimización de mixes enerxéticos. Sistemas flexibles e eficientes de xestión de potencia. Sistemas de recuperación de calor residual. Electrónica de potencia para a integración de sistemas de enerxías renovables.
Desenvolvementos tecnolóxicos
Xestión, economía e valorización
Optimización de xestión enerxética
Análise e optimización de enerxía en instalacións de enerxías renovables
Economía Circular
Biorremediación. Aplicación de tecnoloxías de oxidación química, electroquímicas e fotoquímicas para o tratamento de efluentes e chans contaminados con metales pesados e compostos orgánicos. Extracción para a separación dunha ampla gama de compostos con interese industrial (produtos biolóxicos, etc)
Valoración de residuos e co-productos
Avaliación de residuos da industria agroalimentaria. Antioxidantes naturais e axentes antimicrobianos en envases de alimentos activos. Extracción, purificación e caracterización de deterxentes microbianos. Produción e purificación de compostos de alto valor.
Tarifas
Consulta as tarifas por tipo de servizo e de usuario neste documento.
