SoilPath: a UVigo lidera a investigación sobre saúde do solo

Foto de grupo dos socios do proxecto europeo SoilPath na reunión de lanzamento en Gante

A Universidade de Vigo participa no proxecto europeo SoilPath, unha iniciativa que reúne 17 socios de 11 países da Unión Europea e que conta cun orzamento de seis millóns de euros para os próximos cinco anos.

O proxecto ten como obxectivo cuantificar o impacto das prácticas agrícolas na saúde do solo e desenvolver ferramentas dixitais que faciliten a toma de decisións para unha xestión máis sostible.

A participación da UVigo, a través do Grupo de Investigación Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) e do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA), está encabezada por Antía Gómez e Daniel Arenas, investigadores principais (IP) do equipo. A Universidade lidera un paquete de traballo centrado na cuantificación dos efectos das prácticas agrícolas sobre a saúde do solo e a sostibilidade ambiental. Ademais, achega un ensaio plurianual en Galicia á rede de 24 ensaios experimentais do proxecto, contribuíndo a incorporar as condicións edafoclimáticas da zona atlántica.

Consultar a noticia completa no DUVI

Máis información sobre o proxecto: