Galicia Biodays 2026

O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación participou no Galicia Biodays 2026, celebrado os días 6 e 7 de maio, un dos principais encontros do sector biotecnolóxico en Galicia.

A representación do Instituto correu a cargo do investigador Pedro Ferreira Santos (Bio2Val), quen presentou as principais liñas de investigación, innovación e transferencia de coñecemento desenvolvidas polo noso equipo.

A participación neste evento permitiu compartir experiencias con profesionais, empresas e entidades do ecosistema biotech, así como fortalecer redes de colaboración arredor da ciencia, a sustentabilidade e os retos da bioeconomía. Durante as dúas xornadas, o encontro serviu como un espazo de intercambio de coñecemento e de xeración de novas oportunidades de cooperación para impulsar a investigación e a innovación.