Conecta con atlanTTic
Temos boas novas! No Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, recuperamos este ano a presencialidade na nosa Xornada de Portas Abertas, ofrecéndovos a oportunidade de visitar e coñecer o que se fai no noso centro.
A xornada, enmarcada no programa de actividades de Divulgando Ciencia Singular, celebrarase o vindeiro venres 26 de novembro de 2021 pola tarde, en horario de 16.00 a 19.00 h., e é preciso inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas.
Programa
Durante a xornada #ConectaconatlanTTic, parte do persoal investigador do centro amosará a actividade que está a desenvolver en diversos ámbitos das telecomunicacións. Realizaranse demostracións, obradoiros e presentacións de proxectos para tentar achegar ao público, algunhas das nosas principais liñas de traballo dun xeito ameno:
- Redes de comunicación 5G.
- Comunicación ópticas.
- Aplicacións accesibles.
- Saúde dixital.
- Lightboard.
- Nanosatélites.
- Recoñecemento de lingua de signos.
Ademais, aparte das demostracións e obradoiros, poderedes coñecer as nosas instalacións e visitar os varios dos nosos laboratorios:
- Laboratorios de acústica.
- Laboratorio de seguimento de satélites.
Quendas da xornada
Estableceranse tres quendas, as cales nos permitirán organizar as visitas guiadas en grupos dun máximo de 10 persoas. No formulario de inscrición dámosvos e a opción de seleccionar a quenda desexada.
1ª Quenda: de 16.00 a 17.00 horas.
2ª Quenda: de 17.00 a 18.00 horas.
3ª Quenda: de 18.00 a 19.00 horas.
*Importante: rógase respectar os horarios establecidos, para permitir cumprir coas limitacións de aforo.
Como chegar a atlanTTic
Dirección:
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
Rúa Maxwell s/n, Campus As Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
En transporte urbano:
U1 Lanzadeira Praza América
U2 Lanzadeira Praza España
L8
L15C
AGARDÁMOSVOS O DÍA 26 DE NOVEMBRO!
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través do Programa de Axudas para a acreditación, estruturación e mellora dos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
