Tres proxectos do IAA reciben apoio do Campus Auga

Os investigadores do IAA, Paula Pérez Rodríguez e Andrés Rodríguez Seijo, do grupo Planta, Solo e Valorización de Subprodutos (BV1), e Pedro Miguel Ferreira, do grupo Bio2Val, resultaron beneficiarios da convocatoria de axudas do Campus Auga da Universidade de Vigo destinada a financiar proxectos de investigación de persoal con traxectoria excelente.

As axudas permitirán desenvolver tres proxectos de investigación centrados, respectivamente, no secuestro de carbono e a materia orgánica do solo, na detección de PFAS en solos agrícolas de Galicia e no desenvolvemento de procesos sostibles de biorrefinaría de microalgas para a obtención de compostos biofuncionais con aplicación alimentaria e terapéutica.

Esta convocatoria, dotada con 80.000 euros, ten como obxectivo impulsar a captación e retención de talento investigador e fortalecer as liñas de investigación do Campus Auga.

Máis información na noticia publicada polo DUVI