Os días 12 e 13 de novembro celebrouse en Sevilla a segunda reunión presencial do consorcio europeo BioCordelia, acollida por Grupo Fertiberia.
Durante as xornadas, os socios compartiron os primeiros resultados de laboratorio e analizaron os avances e retos no desenvolvemento de materiais de orixe biolóxica e biodegradables para fertilizantes de liberación controlada.
Na reunión participou Paula Pérez Rodríguez, investigadora do grupo Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) e investigadora principal do proxecto na Universidade de Vigo.
BioCordelia está financiado pola Circular Bio-based Europe Joint Undertaking (CBE JU) e reúne 10 entidades de cinco países europeos para desenvolver alternativas máis sostibles aos fertilizantes convencionais.
Máis información:
