O alumnado da UNED Ourense visita a Planta Piloto de Industrias Agroalimentarias do IAA

O pasado 13 de marzo, o alumnado da microcredencial «Explotación e tratamento da castaña en Galicia», da UNED Ourense, visitou a Planta Piloto de Industrias Agroalimentarias do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA), situada no Campus Auga da Universidade de Vigo.

Durante a visita, puido coñecer os equipamentos e procesos que permiten reproducir condicións de traballo propias da industria agroalimentaria, achegándose á aplicación práctica da tecnoloxía no procesamento de alimentos.

Esta actividade contribúe a reforzar a formación práctica e a conexión entre o ámbito académico, o sector agroalimentario e a innovación tecnolóxica.