O IAA, protagonista dunha reportaxe de La Voz de Galicia sobre a actividade investigadora no Campus Auga

O xornal La Voz de Galicia publica unha reportaxe sobre a actividade investigadora do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA), na que destaca os seus proxectos en marcha, as principais liñas de investigación e a captación de financiamento para o desenvolvemento científico.

A información pon o foco no traballo que se realiza nos ámbitos da saúde do solo, a sustentabilidade dos cultivos, a calidade alimentaria e a valorización de residuos agroalimentarios, así como na contribución do IAA ao potencial investigador do Campus Auga de Ourense.

A reportaxe recolle tamén a valoración do director do Instituto, David Fernández Calviño, sobre os retos de futuro e a importancia de incorporarse á rede CIGUS para reforzar a visibilidade e os recursos do centro.

Consulta a reportaxe completa en La Voz de Galicia:

O Instituto de Agroecoloxía inicia o ano con 53 investigacións activas