O Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais (GISA) impulsa o proxecto Fomentando a biodiversidade: + recursos apícolas en contornas forestais, financiado polo V Plan Social Ence Pontevedra. A iniciativa busca mellorar a dispoñibilidade de pole de calidade e aumentar a biodiversidade nas áreas forestais, especialmente en eucaliptais das Rías Baixas, contribuíndo así á conservación das abellas e dos polinizadores.
No marco do proxecto, o venres 14 de novembro celebrarase unha xornada na Facultade de Ciencias do campus de Ourense, aberta ao público, con conferencias e obradoiros sobre apicultura sostible, biodiversidade e o valor nutritivo do pole.
