A UVigo consolídase como referencia en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, situándose como a mellor de España en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e no posto 17 do mundo segundo o Ranking de Shanghai 2025. Este resultado mellora a posición do ano pasado e reflicte a excelencia da universidade na investigación.
O éxito da Universidade de Vigo débese en gran parte ao traballo dos seus institutos e centros de investigación, destacando especialmente ao Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA), con sede no Campus Auga, clave para manter á UVigo entre as institucións de referencia a nivel mundial en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
Xunto co IAA, outros centros como CIM, Cinbio e Ecobas contribúen a fortalecer distintas áreas de investigación, consolidando a reputación internacional da universidade e a súa capacidade de competir ao máis alto nivel.
Pódese consultar a noticia completa no DUVI.
