OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1 (OE1)
Acadar maiores cotas de excelencia científica a través do desenvolvemento dunha Axenda Científica alineada coas políticas e prioridades de I+D+i europeas, nacionais e rexionais
O Instituto está comprometido coa excelencia científica e a promoción dunha investigación orientada a promover a transición cara sistemas agroalimentarios máis sostibles, seguros, resilientes e circulares.
Para iso, fíxase os seguintes compromisos.
- Desenvolver a Axenda Científica estruturada arredor dunha serie limitada de prioridades de investigación para os próximos catro anos materializada nunha carteira de proxectos interdisciplinares de carácter estratéxico e con capacidade de arrastre sobre a actividade do Instituto
- Promover a colaboración entre o persoal investigador do Instituto
- Mellorar a participación e o liderado de proxectos de I+D+i a través da preparación de solicitudes de proxectos focalizados nas prioridades e liñas da Axenda Científica así como na carteira de proxectos identificados
- Reforzar as infraestruturas, equipamentos e os medios técnicos necesarios para realizar unha investigación de excelencia ao mesmo tempo que promover unha xestión eficiente e complementariedades das infraestruturas intercampus evitando duplicidades e solapamentos nas capacidades existentes
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2 (OE2)
Desenvolver, fixar e atraer talento
O reto neste obxectivo relativo ao talento e aos recursos humanos é contar cun equipo de persoal que contribúa ao desenvolvemento dunha investigación de excelencia.
Para iso é preciso:
- Atraer e captar talento tanto novo coma senior alineado coas prioridades de investigación recollidas na Axenda Científica así como con capacidade de liderado nas liñas emerxentes
- Promover a formación do persoal investigador desenvolvendo programas propios para o desenvolvemento de carreiras científicas competitivas
- Cubrir as necesidades de persoal técnico de apoio así coma de xestión
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3 (OE3)
Acadar maior impacto da investigación realizada no marco galego
- Producir novo coñecemento e solucións que dean resposta aos grandes desafíos globais que afectan ao sistema alimentario a través do desenvolvemento dunha Axenda Científica alineada cos retos e necesidades do sistema agroalimentario
- Desenvolver relacións estratéxicas con outras unidades de I+D+i no eido agroalimentario de Galicia para a mutualización de infraestruturas e o desenvolvemento de proxectos de investigación comúns así como con centros de investigación no eido das tecnoloxía da información e a comunicación (AtlanTIC) e das ciencias sociais (ECOBAS)
- Mellorar a transferencia do coñecemento á contorna socioeconómico a través da realización de proxectos colaborativos e contratos de investigación. Neste obxectivo establecer alianzas prioritarias con centros tecnolóxicos e unidades de I+D especializados e próximas á contorna empresarial (ANFACO, CETECA, Hub de Innovación Dixital DATALIFE etc.)
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4 (OE4)
Posicionar e visibilizar ao Instituto como un centro de referencia no eido da Agroecoloxía e Alimentación
- Dar a coñecer a actividade que desenvolve o persoal investigador do Instituto: proxectos que se desenvolven, xustificación da importancia do mesmo, persoal involucrado, etc
- Divulgar o traballo científico e a necesidade de promover unha transición cara sistemas agroalimentarios máis sostibles, seguros, resilientes e circulares para que a sociedade valore o traballo desenvolvido no Instituto
- Desenvolver unha formación atractiva especializada nos obxectivos científicos e tecnolóxicos do Instituto para formar ao novo persoal investigador así como aos profesionais que liderarán o sector agroalimentario galego
- Potenciación da relacións existentes e promoción de novas cos principais axentes do sistema agroalimentario galego (empresas, administracións, cooperativas, clusters, axencias de denominación de orixe e etc.)
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5 (OE5)
Creación do Iberian Food Laboratory co Instituto Polítécnico de Bragança (IPB)
Este Instituto asume o reto e compromiso institucional da Universidade de Vigo de mellorar o posicionamento e visibilidade internacional da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como biorrexión especializada na transición cara sistemas alimentarios seguros, sostibles e resilientes, así como un referente na I+D+i nos sistemas agroalimentarios.
Con este obxectivo perséguese:
- Desenvolver proxectos de investigación multidisciplinares conxuntos entre o Instituto e o Instituto Politécnico de Bragança (IPB)
- Definir estratexias colaborativas para a mobilidade e formación de persoal investigador
- Establecer alianzas para impulsar una meirande presenza conxunta en programas europeos