O IAA resolve a segunda edición do concurso fotográfico «Enfocando a igualdade»

O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) fai pública a resolución da segunda edición do concurso fotográfico «Enfocando a igualdade: mulleres, ciencia e diversidade», convocado o pasado 30 de xullo de 2026 co obxectivo de promover a igualdade de xénero, a diversidade e a equidade no ámbito científico a través da fotografía.

Unha vez avaliada a participación polo xurado, os premios desta edición recaeron nas seguintes persoas:

  • Primeiro premio (250 €): Beatriz Rodríguez Martínez, pola fotografía «O rostro que a ciencia esqueceu».
  • Segundo premio (150 €): Vanesa Lalín Pousa, pola fotografía «Perfil(ando) a igualdade».
  • Terceiro premio (100 €): Icía Gómez Pérez, pola fotografía «Investigación en fase de debate».
  • Terceiro premio (100 €): Kenia Sánchez Espinosa, pola fotografía «Os estereotipos non dan olivas».

Desde o IAA queremos felicitar as persoas premiadas e agradecer a participación de todas as persoas que contribuíron a esta iniciativa, axudando a visibilizar a igualdade de xénero e a diversidade no ámbito da ciencia e da investigación.

A resolución completa do concurso pode consultarse aquí.