GISA participa no EurBee11

O grupo de investigación GISA (Grupo de Investigación de Sistemas Agroambientais) participou na 11th European Conference of Apidology (EurBee11), celebrada en Boloña (Italia).

Durante o encontro, persoal investigador do grupo presentou varias comunicacións centradas en diferentes aspectos da apicultura e da biodiversidade. As investigacións abordaron a dinámica do fluxo de néctar do castiñeiro e o seu impacto nas colonias de abellas. Tamén se presentaron traballos sobre a diversidade e a calidade nutricional do pole en apiarios forestais. Outra das comunicacións centrouse nas respostas das colonias ante situacións de estrés combinado.

A participación neste congreso permitiu compartir resultados de investigación e establecer un intercambio científico con investigadores e investigadoras de diferentes países europeos no ámbito da apidoloxía.

Máis información na súa publicación en LinkedIn