Os investigadores Rosa Perez-Gregorio, Rodolfo Dinis Pinto Simões e Jorge Pardellas Soto, do grupo Food and Health Omics do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA), participaron no FORO & PREMIOS GALICIA ALIMENTACIÓN 2026, organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA).
O pasado 11 de xuño celebrouse este encontro do sector agroalimentario galego baixo o lema «Alimentar o futuro», un espazo de encontro entre axentes empresariais, institucionais e profesionais orientado ao intercambio de coñecemento e á posta en común de retos e oportunidades do sector.
En representación do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) e do Campus Auga da Universidade de Vigo, os investigadores participaron nun espazo expositivo no que presentaron as capacidades científicas e tecnolóxicas do centro, así como diferentes produtos, iniciativas e servizos, contribuíndo á visibilización da investigación e ao fortalecemento das conexións co tecido produtivo e co ecosistema agroalimentario galego.
