O 23rd World Congress of Soil Science reúne en Nanjing os últimos avances en ciencia do solo

O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) participou no 23rd World Congress of Soil Science, o principal congreso internacional dedicado á ciencia do solo, celebrado en Nanjing (China).

O investigador do IAA Andrés Rodríguez Seijo, integrante do grupo Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1), presentou unha comunicación oral centrada na distribución de pesticidas a escala europea no marco do proxecto europeo BIOservicES, no que exerce como responsable dun dos paquetes de traballo (WP Leader). Ademais, presentou un póster cos resultados obtidos nos casos de estudo LH2 e LH3 do proxecto InBestSoil, do que é coordinador.

O 23rd World Congress of Soil Science reuniu en Nanjing a investigadores e investigadoras de todo o mundo para compartir os últimos avances científicos no ámbito da ciencia do solo, promovendo o intercambio de coñecemento e o establecemento de novas colaboracións internacionais.

A participación do persoal investigador do IAA nestes encontros científicos internacionais contribúe a reforzar a proxección do Instituto e o seu compromiso coa xeración e transferencia de coñecemento no ámbito da ciencia do solo e da sustentabilidade ambiental.