Participación do IAA no encontro NEWPOWER Match en Braga

IAA no Newpower Match

O pasado 9 de abril, o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) participou no encontro NEWPOWER Match, celebrado na Universidade do Minho, en Braga.

A xornada estivo centrada na valorización de residuos agroforestais, combinando presentacións de entidades científicas e empresas con dinámicas de networking e reunións B2B. O evento enmárcase no proxecto Interreg Sudoe NEWPOWER, orientado a impulsar solucións sostibles e escalables no ámbito da bioeconomía circular.

A participación do IAA permitiu reforzar vínculos con socios estratéxicos de Portugal e Galicia, así como explorar novas oportunidades de colaboración en liñas de investigación e innovación.