O grupo de investigación Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) da Universidade de Vigo, ligado ao Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) e ao Campus Auga, participa no proxecto europeo MRV4SOC, financiado por Horizon Europe con case sete millóns de euros. O proxecto busca crear ferramentas estandarizadas para medir e verificar o carbono orgánico do solo e o balance de gases de efecto invernadoiro, promovendo prácticas agrícolas sostibles que melloren a súa captura.
O grupo da UVigo, liderado pola investigadora Paula Pérez Rodríguez, tamén coordina actividades de sinerxía con outros proxectos e organizou un focus group en Galicia sobre o impacto socioeconómico da “agricultura do carbono”, que se replica en distintas zonas europeas, abordando a percepción de agricultores, intermediarios e compradores/vendedores.
👉 Para máis información, pode consultarse a noticia completa no DUVI.
