Concurso de fotografía IAA

O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA), en liña co seu compromiso por converterse nun centro de referencia na transición cara a sistemas agroalimentarios resilientes, sostibles, seguros e circulares a través da I+D+i, promove como alicerce fundamental para a construción dunha ciencia máis xusta e equitativa a procura activa da igualdade de xénero dentro do Instituto. Para incrementar o impacto na nosa sociedade, sempre co fin de acadar estes obxectivos, o IAA convoca un concurso fotográfico que ten como obxectivo visibilizar a importancia da igualdade de xénero nas ciencias agroecolóxicas e alimentarias, así como en todas as actividades desenvolvidas no IAA, a través de imaxes que reflictan a diversidade, o respecto e a equidade no ámbito académico, laboral e social.

Temática

As fotografías deben tratar temas relacionados coa igualdade de xénero dentro do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) e a súa contorna. Pódense incluír, pero non están limitadas, as seguintes ideas:

− Igualdade de oportunidades na investigación do IAA.
− Mulleres na ciencia, na investigación do IAA.
− Representacións da diversidade de xénero no IAA.
− Iniciativas ou proxectos que promovan a equidade de xénero.
− Situacións cotiás que reflictan a igualdade de xénero.

Participantes

O concurso está aberto a estudantado e persoal pertencente ao Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA). A participación no concurso implica a aceptación destas bases e o permiso para que o IAA poida utilizar as imaxes en futuras publicacións, exposicións e redes sociais, sempre co recoñecemento explícito da autoría.

A participación está aberta ata o 30 de setembro.

Consulta as bases aquí.

Cartel do concurso